A Plataforma
  Os Membros
  Os Grupos de Traballo
  Contacta con nós
  Zona Privada
  Faite Membro
INCITE
XUNTA
CETMAR
A PLATAFORMA
¿Que é unha plataforma tecnolóxica?

As plataformas tecnolóxicas son instrumentos creados para impulsar a competitividade industrial a través da cooperación entre os axentes representativos dun sector no eido científico-tecnolóxico. A través desta plataformas preténdese canalizar as actividades de I+D+i de empresas, universidades, centros tecnolóxicos e outros centros de investigación, cun enfoque de cooperación destinado a producir sinerxias e promover o traballo de colaboración en proxectos innovadores. As plataformas serán a chave para lograr un maior aproveitamento das oportunidades que se están a ofrecer neste eido a nivel europeo, estatal e autonómico, oportunidades que contribuirán ó fortalecemento do tecido tecnolóxico e industrial.

Tecnopeixe

TECNOPEIXE consiste na integración efectiva dos esforzos en investigación entre todos os axentes implicados no sector da pesca en Galicia, aplicándose a incrementar o coñecemento para mellorar o desenvolvemento do mesmo, garantindo a competitividade do sector e a sustentabilidade dos recursos; un alto estándar de calidade dos produtos e a mellora das condicións de todos os implicados na actividade contribuíndo deste xeito a consolidar e reforzar a súa posición de liderazgo tanto a nivel estatal coma europeo. A Plataforma nace como un foro de traballo onde se aportarán ideas e esforzos, e onde estes se sumarán para consensuar recomendacións que sirvan para:
•    Fomentar o impulso de infraestruturas científico-tecnolóxicas
•    Promover proxectos en colaboración,
•    Unificar posicións no seo de foros nacionais, europeos ou internacionais,
•    Propoñer estratexias a curto, medio e longo prazo,
•   Realizar propostas dos futuros programas galegos, estatais e europeos de investigación e desenvolvemento no tocante á pesca e marisqueo.
Presentación Asamblea e AEI
Axenda Estratéxica de Investigación de TECNOPEIXE en Castelán
Axenda Estratéxica de Investigación de TECNOPEIXE en Galego
Axenda Estratéxica de Investigación de TECNOPEIXE en Inglés
Vision 2020
Faite membro da plataforma
TECNOPEIXE 2.0
  Oferta Tecnolóxica
  Demanda Tecnolóxica
  Proxectos dos Membros
  Subir Contidos
  Novas
  Convocatorias
  Enlaces de Interese
  Actividade da Plataforma