¿Que é unha plataforma tecnolóxica?

Tecnopeixe

TECNOPEIXE consiste na integración efectiva dos esforzos en investigación entre todos os axentes implicados no sector da pesca en Galicia, aplicándose a incrementar o coñecemento para mellorar o desenvolvemento do mesmo, garantindo a competitividade do sector e a sustentabilidade dos recursos; un alto estándar de calidade dos produtos e a mellora das condicións de todos os implicados na actividade contribuíndo deste xeito a consolidar e reforzar a súa posición de liderazgo tanto a nivel estatal coma europeo. A Plataforma nace como un foro de traballo onde se aportarán ideas e esforzos, e onde estes se sumarán para consensuar recomendacións que sirvan para:
•    Fomentar o impulso de infraestruturas científico-tecnolóxicas
•    Promover proxectos en colaboración,
•    Unificar posicións no seo de foros nacionais, europeos ou internacionais,
•    Propoñer estratexias a curto, medio e longo prazo,
•   Realizar propostas dos futuros programas galegos, estatais e europeos de investigación e desenvolvemento no tocante á pesca e marisqueo.
Solicitude de Adhesión á plataforma
Pechar