A Plataforma
  Os Membros
  Os Grupos de Traballo
  Contacta con nós
  Zona Privada
  Faite Membro
INCITE
XUNTA
CETMAR
OS GRUPOS DE TRABALLO
Os Grupos de Traballo están formados por axentes involucrados nunha área temática determinada, destinadas ao impulso dos proxectos e accións específicos da mesma, constituíndo o elemento fundamental da plataforma. Están abertos a todos os membros da Plataforma e formados por entidades públicas e privadas; calquera organización poderá promover un novo grupo que deberá ter suficiente masa crítica e estar validados polo Comité de Dirección Estratéxica da Plataforma. Será no seo dos mesmos onde se identifiquen materias susceptibles de ser definidas como proxectos de I+D+I. Os Grupos de Traballo concentraranse en ámbitos de coñecemento ou tecnolóxicos específicos que a priori se teñan identificados como críticos.
Os Grupos de Traballo actualmente en marcha na plataforma son:

      1.    Sostibilidade da Actividade Extractiva
      2.    Eficiencia Enerxética
      3.    Tecnoloxía Naval Pesqueira
      4.    Tecnoloxía dos Produtos da Pesca e do Marisqueo

Se desexas participar da actividade dalgún destes grupos e recibir a información que se manexa en cada un deles (informes de vixilancia, xornadas técnicas, …) podes adherirte ao grupo de traballo enviando un correo electrónico á Secretaría Técnica (info@tecnopeixe.org) indicando o grupo de traballo no que desexas participar.


TECNOPEIXE 2.0
  Oferta Tecnolóxica
  Demanda Tecnolóxica
  Proxectos dos Membros
  Subir Contidos
  Novas
  Convocatorias
  Enlaces de Interese
  Actividade da Plataforma