Os Grupos de Traballo están formados por axentes involucrados nunha área temática determinada, destinadas ao impulso dos proxectos e accións específicos da mesma, constituíndo o elemento fundamental da plataforma. Están abertos a todos os membros da Plataforma e formados por entidades públicas e privadas; calquera organización poderá promover un novo grupo que deberá ter suficiente masa crítica e estar validados polo Comité de Dirección Estratéxica da Plataforma. Será no seo dos mesmos onde se identifiquen materias susceptibles de ser definidas como proxectos de I+D+I. Os Grupos de Traballo concentraranse en ámbitos de coñecemento ou tecnolóxicos específicos que a priori se teñan identificados como críticos.
Os Grupos de Traballo actualmente en marcha na plataforma son:

      1.    Sostibilidade da Actividade Extractiva
      2.    Eficiencia Enerxética
      3.    Tecnoloxía Naval Pesqueira
      4.    Tecnoloxía dos Produtos da Pesca e do Marisqueo

Poranse en marcha Grupo de Traballo Transversais que estarán orientados a garantir accións de investigación e desenvolvemento en aspectos de marcado carácter horizontal:

      -    GTTRANs de difusión e divulgación
      -    GTTRANs transferencia de tecnoloxía.
      -    GTTRANs comunicación
      -    GTTRANs recursos humanos (formación, capacitación, mobilidade…)
      -    GTTRANs mercados e relacións intersectoriais.

Nalgúns casos estes grupos estarán participados e coordinados por membros da ST e polos membros dos GTT.