|
|
|
 |
|
|
Data inicio de prazo: 13/07/2010
|
| Data fin de prazo: 13/08/2010 |
|
As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das
empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos.
Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:
a) Creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante, coa finalidade de permitir o desenvolvemento
de novos produtos e procesos.
b) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
c) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.
d) Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico |
| http://economiaeindustria.xunta.es/ga/upload/dx/des/4414-a-ORDE-INVESTIMENT... |
|
|
|
|
|
| Convocatoria Sectoriais |
|
Data inicio de prazo: 07/07/2010
|
| Data fin de prazo: 07/08/2010 |
|
Programa dirixido aos seguintes sectores:
-Medio rural (MRU).
-Medio mariño (MMA).
-Recursos enerxéticos e mineiros (REM).
-Medio natural e desenvolvemento sustentable (MDS).
-Biomedicina e ciencias da saúde (CSA).
-Tecnoloxías da alimentación (TAL).
-Tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).
-Deseño e produción industrial:
Modalidade A. Deseño e produción industrial (DPI).
Modalidade B. Deseño e produción na automoción (DPA).
-Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
-Sociedade da información (SIN).
-Sociedade e cultura (SEC).
-Turismo (TUR). |
| http://economiaeindustria.xunta.es/ga/upload/dx/des/4411-a-ORDE_SECTORIAIS_... |
|
| Fomento da investigación e innovación empresarial |
|
Data inicio de prazo: 08/07/2010
|
| Data fin de prazo: 16/08/2010 |
|
Obxecto das axudas:
-Plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
-Realización de estudos de viabilidade. IN841B. Anexo II.
-Realización de proxectos de innovación. IN841C. Anexo III.
-Cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841D. Anexo IV.
-Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841E. Anexo V. |
| http://economiaeindustria.xunta.es/ga/upload/dx/des/4415-a-ORDE-INNNOVACION... |
|
| PROGRAMA LIFE |
|
Data inicio de prazo: 05/05/2010
|
| Data fin de prazo: 01/09/2010 |
|
O día 4 de Maio, a Unión Europea (DG Ambiente) abre a convocatoria para o Programa LIFE + . Como en anos anteriores, a mesma terá tres temáticas principais: Natureza e Biodiversidade, Política e Gobernanza Ambientais, e Información e Comunicación.
LIFE+ NATUREZA E BIODIVERSIDADE ten como obxectivo protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea. A contribución da UE non superará o 50% dos gastos elixibles, pero, excepcionalmente, poderá aplicarse unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 75% ás propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e hábitats.
LIFE+ POLÍTICA E GOBERNANZA AMBIENTAIS apoia proxectos en diversas áreas (cambio climático, auga, aire, chan, medio ambiente urbano, ruído, produtos químicos, medio ambiente e saúde, recursos naturais e residuos, silvicultura, innovación e enfoques estratéxicos), con todo, a Comisión favorecerá aquelas que teñan que ver coa xestión e o uso sustentables dos recursos naturais e os residuos. A porcentaxe da contribución financeira da Unión Europea ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos elixibles.
Por último, LIFE+ INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN ten por obxectivo divulgar información e fomentar a sensibilización ao redor dos temas ambientais, incluída a prevención de incendios forestais; apoiar as medidas de acompañamento como información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais. A cofinanciación da UE non poderá superar o 50% dos gastos elixibles.
Calquera entidade establecida en Estados Membros da UE, tanto as institucións como os axentes ou organismos públicos ou privados, pode presentar a súa proposta antes do 1 de Setembro de 2010 ante as autoridades nacionais do Estado Membro en que estea rexistrada
Máis información |
| http://ec.europa.eu/environment/life/funding/lifeplus.htm |
|
| Préstamos para proxectos Innovación (IGAPE) |
|
Data inicio de prazo: 01/01/2010
|
| Data fin de prazo: 31/12/2010 |
|
ACTUACIÓN
Liña de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
OBXECTIVOS
Financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica para aumentar a produtividade das empresas e, sobre todo, a súa competitividade, converténdose así nun instrumento de primeira orde para lograr o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
BENEFICIARIOS
Sociedades mercantís que cumpran os seguintes requisitos:
a) Desenvolvan un proxecto de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Pertenzan aos sectores de actividades recollidos no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005
c) Acrediten a súa capacidade técnica para o seu desenvolvemento e capacidade financeira suficiente para cubrir con recursos propios un mínimo do 30% do orzamento total do proxecto.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Financiar o custo das seguintes actividades:
1. Actividades de desenvolvemento relativas a:
a) Investigación industrial, entendida como investigación planificada ou os estudos críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar os existentes.
b) Actividades de desenvolvemento precompetitivas, consistentes na materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén, a formulación conceptual e os deseños doutros produtos, procesos ou servizos.
c) Proxectos de demostración, destinados ao desenvolvemento de experiencias piloto ou demostracións para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.
2. Implantación de proxectos de innovación dirixidos á producción directa de novos produtos, á creación de novos procesos au á presentación de novos servizos ou a obter melloras substanciais nos xa existentes.
IMPORTE DAS AXUDAS
O tipo de xuro variará por semestres naturais.
O tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no 2º semestre de 2006 será o 3,058%
O préstamo será compatible con outras fontes de financiamento públicas e/ou privadas, tanto subvencións como préstamos.
O importe do préstamo do IGAPE limitarase á parte que non cubran as ditas fontes de financiamento alternativas.
VIXENCIA
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derogación expresa.
PUBLICACIÓN
Documentos
DOG Nº 245 do 22/12/2006
DOG Nº 123 do 28/06/2006
DOG Nº 84 do 03/05/2005 |
|
|
| EUREKA |
|
Data inicio de prazo: 01/01/2010
|
| Data fin de prazo: 31/12/2010 |
|
ORGANISMO Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) ACTUACIÓN
Programa EUREKA, iniciativa de apoio á I+D cooperativa no ámbito europeo.
OBXECTIVOS
Impulsar a competitividade das empresas europeas mediante o fomento da realización de proxectos tecnolóxicos, orientados ao desenvolvemento de produtos, procesos ou servizos con claro interese comercial no mercado internacional e baseados en tecnoloxías innovadoras.
BENEFICIARIOS
Calquera empresa ou centro de investigación capaz de realizar un proxecto de I+D de carácter aplicado en colaboración con, ao menos, unha empresa e/ou centro de investigación doutro país de Eureka.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
- Activos fixos (laboratorio, planta piloto, etc.)
- Persoal adicado ao proxecto.
- Materiais.
- Subcontratacións externas.
- Custos indirectos.
IMPORTES AXUDAS
A empresa española que o solicite pode obter créditos sen intereses (dacordo con todos os trámites e pasos para os proxectos CDTI), así como subvencións do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e doutras fontes autonómicas.
En total, as aportacións públicas para o desenvolvemento dun proxecto Eureka poden alcanzar ata o 70% do seu orzamento total.
Fase de definición: Ata un 75% de subvención a través do Programa de Fomento da Investigación Técnica (PROFIT) do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.
Fase de desenvolvemento: Ata un 60% con créditos CDTI sen intereses a devolver nun prazo de 8 anos.
Ademáis, ata un 25% (35% para PEMES) en subvencións con fondos PROFIT do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, compatibles con outras subvencións autonómicas e ministeriais.
Os proxectos Eureka que obteñan financiación do CDTI poderán solicitar unha bonificación dos clásicos créditos CDTI para proxectos de desenvolvemento e innovación tecnolóxica, que incorporarán un tramo non reembolsable dun 15% do valor do crédito concedido.
Os participantes que desexen disfrutar deste tipo de axuda haberán de manter ata a finalización do proxecto CDTI a etiqueta ou IBEROEKA correspondiente que lles acredita para recibila.
VIXENCIA
Permanente |
|
|
| Axudas Fomento Propiedade Industrial |
|
Data inicio de prazo: 26/04/2010
|
| Data fin de prazo: 15/11/2010 |
|
| Bases da Convocatoria no apartado Documentación / Convocatorias de Axuda / Axudas Fomento Propiedade Industrial desta mesma páxina web |
|
|
|
|
|
Para acceder a outras convocatorias de interese pode facelo na Web de CETMAR, no seguinte enlace: ver convocatorias
|
|
|